Conta atrás
19 de setembro de 2026 · 14:00 h
¿E a voda?
A voda dará comezo ás 14:00 no Pazo de Bentraces, onde se poderá asistir a unha cerimonia civil (ou criminal). Se necesitades ir en autobús, podedes consultar horarios e rutas na súa sección. Na sección de Asistencia deberedes indicar no formulario se necesitades autobús. Despois poderemos gozar duns bos aperitivos e un banquete con comida de alta calidade proporcionada polo noso restaurador "CEIBE". Finalmente, poderedes gozar de bastantes horas de festa e descontrol, onde poderán lucirse os máis bébedos (que non son poucos).
¿Código de vestimenta?
Non temos un código de vestimenta como tal. Poderedes vir con calquera prenda coa que esteades cómodos/as. Aínda así, si hai algunhas cousas prohibidas que debedes ter en conta: non se pode vir completamente de branco, nin espido/a, nin con simboloxía nazi, nin con referencias ao Dépor.
¿Conduta e comportamento?
Rógase que os asistentes teñan unha actitude o máis positiva e festeira posible. Intentaremos facer un evento o máis distendido e divertido posible. Pódese berrar calquera cántico do estilo de "¡Vivan os noivos!", "¡Que se biquen!" ou "Oira merda", entre outros.